Encontro de animadores e animadoras de Abertal

O pasado 23 de setembro, o equipo de animadores e animadoras de Abertal, representantes de todos os proxectos, reuníronse a mañá do sábado dando o pistoletazo de saída ao curso 2017-2018. Comezando a xornada cun café e coloquio, continuamos coa dinámica distendida das gravatas e paxarelas; descubrir dos compañeiros alí presentes cualidades positivas e seguir medrando como equipo.

O proxecto Reconoce, foi o seguinte punto na orde do día, presentado por Martín Rejo. Tema interesante en especial para todos os voluntarios e voluntarias alí presentes xa que é unha proposta que impulsa o recoñecemento das competencias e habilidades, obtidas a través da acción voluntaria, que melloran a empregabilidade dos e das mozas. Proxecto liderado pola Confederación de Centros Juveniles Don Bosco en colaboración coa Federación Didania e ASDE Scouts de España, co apoio do Instituto de la Juventud.
O seguinte bloque formativo, dinamizado por María José Sánchez, versou sobre o acompañamento, tema moi actual pero que preocupa vai moito á familia selesiana. Compartindo coas persoas que temos ao lado a diario, algo máis ca unha conversa. Escoita activa, respectuosa, fiel e confidencial; aprender a descubrirnos en profundidade e así convidar a outros a descubrirse, aprender a escoitar o que eu sinto para saber escoitar o que o outro sinte; aprender a comunicarme e compartir; practicar a acollida incondicional; estas son as claves e ferramentas que se os propoñen para un acompañamento de calidade.  Entre dinámicas, reflexións persoais e numerosas intervencións, o foro fixo unha valoración moi positiva.
E para pechar a mañá, Santiago Domínguez, coordinador estatal de centros xuvenís animounos a seguir participando  no Proyecto Suriya (chuches solidarias) dos centros xuvenís salesianos de España irmandados cos centros xuvenís de Siria, para axudar a nenos e mozos no seu país de orixe. Outra oferta formativa interesante foi a formación inspectorial de animación salesiana no tempo libre, con máis animadores da Confederación de Centros Xuvenís Don Bosco de España, que este ano celebra o seu 25 aniversario.
Rematamos a mañá, como máis nos gusta, compartindo un aperitivo e ilusións para este curso que comeza.

Para ver algunhas fotos da xornada, pincha aquí.