Exitosa convocatoria na terceira edición do Torneo nocturno de fútbol sala Don Bosco e do obradoiro de baile de Abertal. Máis dun cento de inscritos neste torneo que se ofrece dentro do amplo e intenso programa de actos para a celebración das festas do aniversario da fundación do Centro Xuvenil Abertal dos salesianos.
O Centro Xuvenil Abertal, asociación socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, organizou para o 20 de xaneiro este torneo nocturno de fútbol sala.
“Había nivel e bo rollo”
Así de claros se mostraron algúns dos inscritos ao seren preguntados por los motivos da súa inscrición e de onde recibiran a información. Hai unha diversidade grande no formato, na profesionalidade, e nas ideades dos equipos participantes que, contra o que algúns puideran pensar, ata este momento deu sempre moi bo resultado e unha lección de convivencia e respecto a calquera que se achegue a presencialo.
Noite, diversión e ocio saudable son as palabras clave que moveron á entidade decana no tempo libre vigués a dar forma a esta oferta. “É semellante, mais non é igual ca outros torneos que hai por aí adiante” comentaba Pablo de San Ildefonso namentres se inscribía nas oficinas do centro xuvenil na rúa Venezuela 3.
Á vez desenvolveuse unha nova edición do obradoiro de baile, de danzas africanas e caribeñas que foi dinamizado por Antonio Fernández Marchante e que terá lugar nas salas do Centro Xuvenil.
Con premio!
Grazas a colaboración do colexio salesiano, da ANPA e do clube de fútbol entregaranse os correspondentes premios aos mellor clasificados desta edición.
Podedes atopar as fotos do torneo pinchando aquí.