III Boscochef

Máis de 120 persoas, entre nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias, participaron na III edición de Boscochef organizado por Abertal.

Un ano máis, o Centro xuvenil Abertal, socio fundador da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, co motivo das diferentes celebracións pola conmemoración da figura de Don Bosco, levaron a cabo a III edición do Boscochef.

Este obradoiro consistiu nunha actividade de cociña, na que os nenos e nenas aprenderon a facer ricas receitas de comida en frío. Ditas receitas leváronas a cabo cinco estupendos chefs e pinches que colaboraban desde os diferentes ámbitos salesianos para que os futuros cociñeiros o pasaran ben mentres aprendían artes culinarias.

Ditos chefs forman parte do claustro de mestres do colexio María Auxiliadora Salesianos e das actividades de extraescolares do mesmo, traballadores e traballadoras ademais de animadores e animadoras do Centro Xuvenil Abertal, educadoras do programa Teranga da Fundación JuanSoñador e os aspirantes a Cooperadores.

Nesta ocasión, tanto os nenos e nenas coma as súas familias puideron elaborar e degustar conxuntamente un menú dos seguintes pratos:

Aperitivos: pesas ou mariquitillas.
Prato principal: tabulé de verduras
Sobremesas: ourizo de chocolate ou de uvas, cupcakes de cores ou piruleta de sandía doce.

Agardámosvos na vindeira edición. Viva Don Bosco!!
 

 

Preme aquí e verás unha escolma de fotos.