Alternativa Vaivén Entroido

En Alternativa Vaivén tamén queriamso celebrar o Entroido por todo o alto, pero sen perder o noso estilo, por iso, cada movemento argallou algo diferente.

Para comezar Saltimbanquis, mergullando na peli de Avengers, os superheroes e superheroínas foron os protagonistas, pero descubrindo que cada quen ten un poder (que conleva unha gran responsabilidade), chegamos á conclusión que todos e todas teñen algunha capacidade extraordinaria que poñer ao servizo dos demais.

Andaina, na súa aventura de “Ti tes talento”, a “moda” viña que nin pintada para sacar todas esas vestimentas que nos facilitan a vida. Sacando toda a súa imaxinación e creatividade a relucir, crearon verdadeiras pezas de roupa futuristas que pretendían facilitar a vida das persoas. Tivemos a sorte que contábamos cun estilo de moda particular, o estilo de Xesús (con gafas para ver nos demáis o que ninguén ve, zapatos cos que poñerse no lugar do outro, camisas abrazables, etc.)

ADS, por outra banda, levaba pedindo vai tempo unha actividade na que gozar coa cociña. Así que buscando elaboracións sinxelas, meteron as mans na masa (literalmente) e prepararon torrijas, buñuelos, rosquillas de anís e bombóns. Doces que compartiron co resto de movementos ao rematar a mañá; así que nenos, nenas e familias puideron degustar algo.

Se queres ver algunhas imaxes, pincha aquí.