Inauguración Alternativa Vaivén

Hoxe 5 de outubro daba comezo o curso 19-20 en Alternativa Vaivén; preto de 100 mociños e mociñas achegábanse ás instalacións salesianas para xogar e pasar unha mañá de ledicia entre amigos e amigas. Gracias a un nutrido equipo de voluntarios e voluntarias que se animaron a compartir o seu tempo da mañá do sábado, o patio encheuse de xogos e obradoiros de todo tipo.

Xente nova se achegaba, algunhas gracias ao boca orella, e outras motivadas polas presentacións feitas no colexio a semana anterior; os pais e nais máis atrevidos quedaron a xogar con nós durante a mañá e o ambiente familiar inundaba o patio.

Logo dun tempo compartido entre Saltimbanquis, Andainas e ADS, cada quen foi á súa respectiva sala para coñecer a fondo as características propias do seu movemento, presentacións e rematando coa oración de irmandade.

Xa case era a hora de marchar cando se abriron as portas da sala de xogo para rematar a xornada inaugural cun pincho compartido entre, nenos, nenas, animadores, animadoras e familias.

Aquí unha mostra do ben que o pasaron.