Raquel , Raúl e Alba e o Curso de animadores e animadoras inspectorial.

Cunha duración de doce días e unha intensidade de dez horas de clase diarias, o curso de animadores e animadoras de tempo libre é unha experiencia formativa única da que disfrutamos neste mes de agosto acompañados de mozos e mozas de toda a inspectoría de Santiago El Mayor.

Contando coa compañía dos compañeiros e compañeiras de Amencer e Ateibo, pasando por representantes da federación de Boskotaldea e sen esquecer aos da federación de Valdoco, foron dúas semanas de aprendizaxe continúa non só no ámbito da animación senon tamén no relativo á fe.
Arévalo foi a nosa casa durante esta aventura e o equipo cero, encabezado por Esther de la Iglesia e Santi Domínguez, foron os encargados de facer posible este encontro.
Unhas grazas especiais á Federación Don Bosco e a Adrián por coordinarnos e axudarnos en todo o preciso.
Voltamos a casa coas baterías ben cargadas, novas amizades e moitas ganas de por en práctica todo o aprendido.

Alba, Raquel e Raúl.