Presentación do IEF no colexio

Abertal comeza coas actividades do Itinerario de Educación na Fe do curso 18-19 no mes de outubro, concretamente o sábado 6 damos por inauguradas as actividades de Alternativa Vaivén. E coa intención de facer chegar esta boa nova ao cole, pasamos por todas as aulas de 1º de EP ata 2º da ESO.

Estas presentacións convertíronse nunha verdadeira festa coa presencia de animadores e animadoras, lembranzas dos campamentos de verán, imaxes de todo o vivido o pasado curso e moitos detalles que sacaron á luz os rapaces e rapazas que xa participaran.
Da súa man en Saltimbanquis tamén coñeceron aos Amigos de Juanito, en Andaina as 7 regras de Ouro e en ADS adiantaron algo da aventura que está por chegar.
E como non é o mesmo contalo que vivilo, en cada un dos tres movementos compartiron xogos e dinámicas que poderían formar parte das programacións dos sábados.
Habería unha sorpresa para rematar que fixo as delicias de pequenos e maiores, o anuncio dunha acampada de inicio de curso do 5 ao 6 de outubro, da que se atopan todos os detalles na circular que se entregou.
Animadores, animadoras, rapaces e rapazas, despedíronse prometendo verse no comezo de actividades de Saltimbanquis, Andaina e ADS.