Do 21 ao 23 de setemrbo no Albergue que o Cabildo da Catedral de Tui ten no Monte Aloia, desenvolveuse a asemblea de comezo de curso do Centro Xuvenil Abertal.
Máis dunha vintena de animadores e animadoras xuntáronse para botar a andar a aventura deste curso.
Na tardiña do venres achegáronse ao Monte Aloia e logo de instalarse puideron disfrutar dunha cea compartida acompañada dunha xeitosa sobremesa que rematou cunha observación das estrelas no mirador da ‘cama do santo’.
Na mañá seguinte, despois do almorzo, comezamos a xornada de traballo coa incorporación dalgúns animadores e animadoras que non puideran facelo na noite previa.
Estudo polo miúdo da Memoria de 2017 e unha avaliación das actividades do verán deron paso a un descanso, despois do cal tivo lugar un primeiro tempo de programación por movementos.
O xantar que precedeu a unha longa sobremesa e á realización dunha ruta na que tamén se aproveitou para o estudo e achegas doutros temas: 40 aniversario, 25 anos da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, Calendario Anual 2018-2019…
Despois do descanso tempo de preparar e desenvolver a celebración da eucaristía, sinxela, sentida e comprometida.
As brasas que xa se empezaran a preparar antes da celebración tornárosne o centro da seguinte parte da tardiña: unha churrascada preparada con moita maña.
Contos, xogos, paseos,… ata a hora de descansar.
Na mañá do domingo, despois do almorzo, acompañados polos Irmáns Lisardo e Nacho, e Koté, os tres da institución marista, animaron o tempo formativo sobre ‘o acompañamento: necesidade e método’ ao longo de toda a mañá. Agradecidos polo compartido e o inspirado, despedimos aos formadores, recollemos e limpamos as instalacións empregadas e regresamos a Vigo para comezar con pulo o novo curso.