Sábado 17 de marzo de 2018
O 2º trimestre toca o seu fin. O sábado 17 de marzo xuntámonos Saltimbanquis Andaina y ADS para ter o último día de actividade antes da Semana Santa. Aínda que a primaveira xa está en cernes, o tempo non acompaña moito pero para as máis valentes tivemos unha acollida no patio para saltar á corda e xogar un brilé.
Unha vez distribuídos, Saltimbanquis no ximnasio, Andaina na sala amarela e ADS na sala de xogos, tivemos unha mañá enchida de actividade e xogos. Os máis pequenos tiveron unha visita dunhas peixeiras ás que se lle romperon as redes e non podían saír á faenar. A través de diversos xogos, os pequenos recibiron un anaco de rede que logo, no tempo na corda, puxeron en común e axudaron a facer a rede de novo.
Os mociños e mociñas de Andaina gozaron dunha mañá de xogos e lembranzas. Coma se duns xornalistas se tratasen, esforzáronse, por conseguir as mellores noticias que logo, no tempo de amigos, puxeron en común. Ao final da actividade saíu un xornal co máis significativo deste ano: as normas de ouro andaina, o himno e unha xeitosa escolma de fotos.
Por outra banda, os e as ADS estiveron traballando na súa aventura autoxestionada, pensando en común, que cousas poden facer para recadar fondos.