Vixilia xuvenil Don Bosco

O sábado 27, coa día grande de Don Bosco en cernes, o grupo de Referencia I convidábanos a todos a unha vixilia xuvenil para celebrar a memoria de Don Bosco.

Xuntámonos un grupiño ao redor da figura de Don Bosco. Comezamos escoitando e facendo noso un anaco da  vida do mozo Bosco e do seu soño, soño de conquistar “con mansedume e caridade” ós máis díscolos. Este soño marcou toda a súa vida e deu lugar a un lugar común, o oratorio, casa aberta na que todos se sinten parte dunha mesma familia.
E Abertal, campo aberto sen cancelas, de man común, quere ser esa casa aberta onde todos caben. Queremos seguir aprendendo do seu legado e deixarnos impulsar por él, para que o seu soño siga a ser hoxe o motor que nos mova a contaxiar a alegría entre os máis pequenos tendo en mente e no corazón todas esas cousas polas que queremos seguir traballando: unha casa que acolle, un patio como lugar de encontro, unha escola que transforma, unha Igrexa que se mira en Xesús para medrar.

E para repousar o vivido, compartimos unha cea na Toupeira á que seguiu o monólogo de Pepo suevos.

 

Viva Xoán Bosco!