IV Torneo nocturno de futbol sala Don Bosco

Exitosa convocatoria na IV edición do Torneo nocturno de fútbol sala Don Bosco. Mais de cento trinta e cinco inscritos neste torneo que se ofrece dentro do amplo e intenso programa de actos para a celebración das festas do aniversario da fundación do Centro Xuvenil Abertal dos salesianos.

O Centro Xuvenil Abertal, organizou o IV Torneo nocturno de fútbol sala Don Bosco, en colaboración co Clube de Fútbol Sala. Noite, diversión e lecer saudable son as palabras clave que nos moveron a dar forma a esta oferta. Dito encontro foi unha proposta de ocio alternativo para os nosos mozose non tan mozoss, que quixeron gozar dun venres diferente en compañía de amigos e amigas. Grupos mixtos en idade e sexo fixeron que a competitividade e deportividade foran da man.
Os mellores clasificados desta IV edición do torneo recibiron, grazas a colaboración do colexio salesiano, da ANPA e de Antigos Alumnos salesianos,  os correspondentes trofeos e medallas, preto das 5,00 am do sábado 27 de xaneir de 2018.

As fotos dan mostra do ben que o pasamos nesta noite-madrugada.