Alternativa Vaivén – 21 outubro 2017

Era sábado, comezaba o mes de decembro, época de agasallos e os e as Saltimbanquis remataron a mañá agasallándose unhas gabanzas e aloumiños; Andaina continuaba na busca de tódolos sentidos, e ADS no seu particular “Compostela Express; pero, comecemos polo principio.

Pablo, un dos amigos de Juanito propuña os deportes como unha actividade divertida e saudable para unha fría mañá de Alternativa Vaivén. Baloncesto, salto de lonxitude, tiro de disco e máis, poderían ter sido as disciplinas nas que se entregaron as medallas pero foron os xestos amables e os sorrisos o motivo polo que cada compañeiro lle entregou a outro unha medalla polas súas cualidades.

Andaina por outra banda saíu á rúa para poñer o sentido da vista e oído a funcionar. Logo dun xogo de pistas a contrarreloxo, estas foron algunhas das preguntas que resoaron no Tempo de Amigos “Sabes escoitar as persoas que te rodean?, Pensas que hai alguén preto túa que precise ser escoitado?, Quen crees que te escoita?”….

ADS continuaba nunha etapa na que o esforzo era o gran protagonista, algo que parece esquecido para todos e todas (tamén os non ADS). Toda a mañá tentando descubrir se valía a pena o esforzo, con algunha pista de por medio, correndo dun lado para outro e resultou que as pequenas cousas eran a clave! O esforzo non tiña trucos, o grupo foi o que axudou a descubrir de que ía esto e a sacar conclusións para gardar no peto e poñelas en práctica no día a día.

As fotos amosan algo do vivido!

Agardámosvos o vindeiro sábado, 9 de decemrbo de 2017!