Alternativa Vaivén – 9 decembro 2017

9 de decemrbo de 2017, sábado no medio da ponte da Inmaculada e no calendario estaba marcado como un día que non ía haber actividade; pero pensándoo mellor e contando cun bo equipo de animadores, decidimos abrir as salas de Abertal para Saltimbanquis, Andaina e ADS que non marchaban Vigo.

A idea estaba clara, uns videoxogos, xogos de mesa para pasar o rato pero sobre todo, ambiente e obradoiros de Nadal para decorar o centro xuvenil. Finalmente medio centenar de persoas gozamos dunha entretida mañá. Pero o máis importantes, rapaces e rapazas dos tres movementos compartiron xogos, risas e bo rollo; quedando na memoria, a moitos deles, ese anaco que pasaron cos “maiores”.

Vémonos o vindeiro sábado só Saltimbanquis e Andaina xa que ADS gozará da súa fin de semana en Compostela coa súa particular aventura de Compostela Expres.

E para ver as fotos pincha aquí