Alternativa Vaivén – 18 marzo 2017

Era 18 de marzo de 2017, Saltimbanquis, Andainas e ADS xuntábanse nas súas salas para ter actividade normal aparentemente, pero non foi así.

Na súa viaxe Andaina polo tempo, viaxaron ao ano 2000, momento no que estaba a piques de ter lugar o apagón tecnolóxico. Os nervios apoderáronse de todas as persoas da sala, “que iamos facer sen ordenadores, sen electricidade!!!” murmuraban asustadas. Non quedaron paradas e descifrando contrasinais, conectando redes, sairon adiante pero cunha reflexión final, a tecnoloxía nos axuda ou nos anula?

Saltimbanquis decidiu que o día soleado merecía sair á rúa e gozar da natureza, ese agasallo que queremos descubrir e coidar. Pasámola mañá xogado na zona verde preto dos castros, os xogos en equipo e as cancións de animación foi o que máis gustou.

ADS deu comezo á súa aventura de VitraADS, pero como toda xestión precisa dun proceso burocrático cos seus certificados intelectuais, de saúde, de convivencia e o padrón. Todo traballo non foi en balde xa que disporán da súa tarxeta que lles dará o pase a vindeira aventura.

Para ver as fotos pincha aquí.