Festa de Nadal no Clube de Ocio

O sábado 17 de decembro celebramos a festa de Nadal co Clube de Ocio no comedor do colexio Salesiano María Auxiliadora. Reunímonos un montón de amigos e amigas para dar remate ao primeiro trimestre de actividades do Clube de Ocio e de paso festexar o Nadal.

Música, bailoteo, xogos, moita papatoria , algunha que outra pachanga de fútbol e reencontros con voluntarios e voluntarias de anos pasados e deste ano nunha tarde chea de risas e diversión.
As actividades retomaranse en Xaneiro despois de cargar as pilas en vacacións!!