Unha nova experiencia en voluntariado
O apoio desde o voluntariado a unha actividade como o proxecto do Clube de ocio de Abertal supón o desenvolver unha acción altamente gratificante para min xa que o traballo con persoas é o que máis me gusta.
Comezar neste proxecto con participantes tan agradecidos e ser acollido dende o primeiro momento polo equipo foi moi grato e algo que me reconforta a nivel persoal.
Recomendaría a calquera persoa que teña sensibilidade social, o participar neste tipo de actividades, xa que son unhas horas semanais nas que podes coñecer novas vidas e realidades persoais das que aprender moitísimo.
O primeiro día que comecei a participar foi nunha saída pola noite na que coñecín a algún dos participantes. Nos reunimos para ir a un concerto, cear e saír un pouco pola noite. A pesar de que non coñecía a ningún usuario e o principio mostreime algo tímido, enseguida me sentín integrado no grupo tanto cos participantes coma coas educadoras.
No segundo día desenvolvemos unha actividade pola tarde na zona de Bouzas e fun algo máis participativo, xa que acompañaba eu só a unha educadora e puiden coñecer un pouco máis a fondo aos participantes e involucrarme un pouco máis no desenvolvemento da actividade. O pasamos fenomenal!!! Tanto os usuarios coma os voluntarios, montamos en karts, paseamos pola zona de recheo e tomamos uns refrescos, e o máis importante puiden coñecer aos usuarios e os seus gustos e intereses.
Desde a visión que me pode dar estes días no proxecto creo que é algo que os participantes valoran moito e que lles axuda a realizar algo diferente na semana fóra dos centros e das súas familias, sentíndose dentro dun grupo e favorecendo ao seu desenvolvemento vital.