Asemblea de animadores de grupos do IEF

 
O fin de semana do 4 ao 6 de novembro, as animadoras e animadores de Abertal, participaron xunto con animadores de Centros Xuvenís de Galicia, Asturias e Castela e León  na asemblea de educadores e educadoras cristiáns de tempo libre. Realizouse nos locais de Salesianos Ourense e Allariz, organizado desde Pastoral Xuvenil da Inspectoría. Un total de 108 animadores e animadoras participaron neste encontro.

O sábado pola mañá reunímonos desde as 10:00 h, comezando cun momento formativo conxunto, achegando aos animadores/as a unha primeira experiencia de acompañamento. Esta formación estivo dirixida por Txetxu Villota. O sábado pola tarde, houbo tempo de asemblea por movementos dentro do IEF (Saltimbanquis, Andaina e ADS) terminando cunha celebración. Despois, ceamos todos xuntos no comedor do colexio salesiano e tivemos un momento de convivencia visitando as ?termas? de Ourense e pola Zona vella da cidade. Ás 01:00 os animadores/as aproveitamos para descansar no albergue salesiano de Allariz.
O domingo xuntámonos todos para continuar cun momento formativo e de asemblea no albergue Salesiano de Allariz. Por unha banda, os animadores e animadoras dos grupos xuvenís de Catecumenado tivemos o noso momento asembleario. Mentres que o resto realizaron talleres formativos sobre interioridade, desenvolvidos por Cristina López (interioridade para nenos/as, 6-8 anos), Cristina Rodríguez (interioridade para nenos/as, 9-11 anos) e Maló Atrio (interioridade para preadolescentes, 12-14 anos). Acabamos a xornada cunha foto de recordo e a tradicional comida todos xuntos no albergue. Sobre as 15:30 cada equipo de animadores regresou coas pilas cargadas á súa cidade de orixe.
Todos os asistentes valoraron positivamente a experiencia dos talleres de interioridade, algo que queremos pór en práctica desde os grupos de nenos máis pequenos que temos nos nosos centros xuvenís; e continuar o noso labor de acompañamento na vida dos nosos mozos.

Para ver as fotos, preme aquí