CampoBosco 2017

A pasada fin de semana os rapaces e rapazas de Iniciación e Catecumenado fomos a León para un encontro con outros centros xuvenís da Inspectoría chamado CampoBosco. Alí, tras unha longa viaxe en bus e os pertinentes reencontros cos amigos de campamentos pasados, instalámonos nos dormitorios e tivemos a presentación do encontro, da temática (Emaús: Busca, Confía e Ama) e dos grupos para o mesmo.

Ao día seguinte, tras o almorzo tivemos os bos días e logo separámonos en grupos para pasar por diferentes experiencias en relación coa primeira palabra do tema: Busca. Tras as rotacións tivemos un pequeno tempo libre, e logo xuntámonos en grupos para falar sobre as experiencias e comezar a completar o noso caderno do CampoBosco.
Pola tarde, despois de xantar e do tempo libre, dividímonos en grupos diferentes para pasar por dous stands con temáticas en relación con “Confía”. Posteriormente, xuntámonos  nos grupos da mañá e reflexionamos sobre as presentacións para despois preparar a celebración da reconciliación que tería lugar despois. Antes de cear tivemos a celebración e despois tivemos unha velada con diferentes opcións como batalla de galos, torneo deportivo, Just Dance,… Tras as actividades, tivemos as boas noites e marchamos a durmir.
O domingo pola mañá reunímonos nos grupos do CampoBosco para facer a avaliación do encontro e, mais tarde, xuntámonos nos grupos de orixe para valorar a experiencia e crear compromisos, tanto de grupo como persoais. Tras o almorzo, subimos ao bus para voltar a Vigo.
O CampoBosco, para min, é unha oportunidade para reencontrarse cos amigos doutros lugares pero tamén para desconectar e traballar nun mesmo e na nosa relación co entorno. Co perfecto equilibrio de tempo libre, tempo de reflexión e tempo para goza; sen dúbida algunha, unha experiencia para lembrar.

Alba Díaz

 

 

Aquí poderedes ver unha escolma de fotos