Formación de preanimadores e preanimadoras de Alternativa Vaivén

O sábado, 2 de decembro, pola tarde xuntámonos  un grupo dos preanimadores e preanimadoras de Alternativa Vaivén para ir afondando no que estamos a facer e no sentido que ten.
Tras o café de benvida, nunha fría tarde de inverno, comezamos a nosa xuntanza poñendo nome a aqueles aspectos da animación que consideramos importantes e que descubrimos que ás veces nos costan (podedes ver os inventos que fixemos para medrar neles).
Na segunda parte do traballo tentamos coñecer algo máis do que significa iso de un ‘Itinerario de Educación na Fe’, caendo na conta do seu significado obxectivo… e tamén no seu significado na propia historia persoal que estamos a vivir.
O final da tarde supúxoo a preparación e celebración da Vixilia ‘Latexos pola paz’, unidos a todos os centros Xuvenís de España e Siria. Un ratiño de calma, oración e compromiso pola paz. Na sinxeleza dos xestos descubrimos unha invitación a poñer color e vida en tantas situacións de morte e escuridade.
Uns bocadiños e a conversa informal despois da celebración na toupeira despedíronnos. As fotos dan testemuño, olládeas.