Federación de Centros Xuveniles Don Bosco de Galicia, xunto co Centro Xuvenil Abertal e o equipo de esports Kings Dragon, defendemos un ocio dixital educativo, e creemos que a solidariedade é un punto importante a fomentar. Por iso creamos unha serie de eventos a favor da campaña de recollida de alimentos Operación Quilo, a primeira será a tarde do sábado 13 en Vigo no Centro Xuvenil Abertal (Rúa de Venezuela 3, Baixo).

O evento solidario será aberto para todas as persoas que se queiran achegar, e tan só haberá que colaborar con 1 QUILO de alimentos de primeira necesidade que será destinado para a Operación Quilo.

Queremos facer un evento o máis aberto posible, tanto para xogadores/as, coma para familias, como persoas que queiran saber un pouco máis sobre o panorama competitivo; por iso, faremos unha pequena charla sobre os conceptos do xogo ou cómo xogar, e logo algúns dos mellores xogadores de Galicia farán unha exhibición mentres haberá un espazo de xogo libre onde se poidan poñer en práctica os conceptos adquiridos; e remataríase cun Torneo Aberto (a inscripción pechase o sábado 13 as 15:30) que puntuará para a competición Dragon Smash tan só por participar.

O horario do evento será:
15:00 – Benvida
15:30 – Iniciación ao Smash Bros Ultimate
16:00 – Evento principal e xogo libre.
16:30 – Torneo Aberto.

Vide a apoiar a Operación Quilo dunha forma diferente!

Esperamos contar con todos/as vós!