•  

Debido á demanda de moitas familias por conciliar a vida laboral e familiar no mes de setembro, antes de inicio do curso, e trala boa experiencia de anos anteriores, a Asociación Centro Xuvenil Abertal, coa colaboración do Club de Baloncesto Salesianos, comunicámosvos a posta en marcha das “X Mañás de Setembro”.

Os obxectivos deste proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos rapaces e rapazas, a participación e o traballo en equipo, fomentar a cooperación e a diversión, empregando novamente as instalacións do colexio fóra do horario escolar.

Datas: do 1 ao 8 de setembro (de luns a venres).

Lugar: Instalacións do Colexio e do Centro Xuvenil.

Destinatarios/as: Nenos e nenas de 4º de Infantil (ano de nacemento 2019) a 2º ESO (ano de nacemento 2009) incluídos.

Horario de actividade: de 8:45 h a 14:15 h.

Entrada: de 8:45 h a 9:15 h. / Saída: de 13:45 h a 14:15 h.

* A entrada e saída de rapaces e rapazas realizarase pola porta verde do patio do colexio Salesianos.

* Para poder facilitar a conciliación, ofrecemos os servizos de Madrugadores (de 7:45 a 8:45) e Friameira (de 14:15 a 15:30).

Prazo de inscrición: do 1 ao 27 de agosto

Cotas:

COTA BASE

DESCONTOS

SOCIO/A ANPA

SOCIO/A ABERTAL

2º IRMÁN/Á OU MÁIS

70€

5 €

5 €

5 €

 

(*) Estes tres descontos son acumulativos

         

COMPLEMENTOS / SERVIZOS

MADRUGADORES

12€

(*) Mínimo de 10 inscricións de nenos/as.

FRIAMEIRA

15€

(*) Mínimo de 10 inscricións de nenos/as.

A organización das X Mañás de Setembro será a seguinte:

  • Primeira actividade (de 9:15 h a 11:15 h): os nenos e nenas poderán escoller entre:
  • Adestramento de fútbol, realizado por adestradores/as do club.

Dirixido a nenos e nenas con data de nacemento entre os anos 2009 e 2019.

  • Adestramento de baloncesto, realizado por adestradores/as do club.

Dirixido a nenos e nenas con data de nacemento entre o 2009 e o 2018.

  • Actividade de Abertal, dirixida a nenos e nenas con data de nacemento entre os anos 2009 e 2019.
  • Tempo libre e merenda (de 11:15 h a 11:45 h): hai que traer merenda e botella de auga.
  • Segunda actividade (de 11:45 h a 13:45 h). Tódolos nenos e nenas farán unha actividade organizada por Abertal (obradoiros, xogos, actividades de animación á lectura, busca do tesouro…).