Benqueridas familias:
Co ánimo de seguir favorecendo a conciliación familiar, e tamén co obxectivo de seguir dando a coñecer o proxecto educativo que desenvolvemos desde o Centro Xuvenil Abertal, facemos a proposta das “XII MAÑÁS DE SEMANA SANTA”:
- Datas: 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril
- Lugar: Instalacións do Centro Xuvenil e do Colexio Salesiano.
- Destinatarios/as: Nenos e nenas desde 4º de Infantil (3 anos) ata 6º de Primaria incluídos.
- Horario:
* Entrada: de 08:30 a 09:15 (por CX Abertal, R/ Venezuela 3, baixo).
* Saída: de 13:45 a 14:30 (por CX Abertal, R/ Venezuela 3, baixo).
- Prazo de inscrición: do 4 ao 19 de marzo.
COTAS | Cota normal | Socio/a da ANPA do Colexio Salesiano ou Socio/a de Abertal | Socio/a da ANPA do Colexio Salesiano e tamén socio/a de Abertal |
Actividade completa (os 4 días) | 55 € | 50 € | 45 € |
Días soltos | 15 € | 14 € | 13 € |
Os obxectivos deste proxecto son educar en valores a través do xogo, propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os nenos e nenas, promover unha Semana Santa activa e participativa e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.
Horario Información: luns a venres de 09:30 a 13.30, e martes e xoves de 16:30 a 18:30.
Teléfonos: 986 225 662 / 606 644 246 / Correo electrónico: abertal@abertal.org
Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que o exprese directamente en Abertal, para buscar a mellor solución.