Un ano máis, dende o Centro Xuvenil Abertal poñémonos en contacto convosco para anunciarvos a posta en marcha das XIII Mañás de Nadal, que se desenvolverán durante as vacacións de Nadal: os días 26, 27, 28, 29 de decembro e os días 2, 3, 4, 5 de xaneiro, nas instalacións de Abertal e do Colexio Salesiano. Nesta nova edición, o horario de actividade será de 08:30 h a 14:30 h.

 

HORARIO E ENTRADAS E SAÍDAS:

  • Entrada: de 08:30 h a 09:15 h.
  • Saída: de 13:45 h a 14:30 h.
  • Os nenos e nenas entrarán e sairán por Abertal (Rúa Venezuela 3, baixo).

 

Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, propor unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas, promover un Nadal activo e participativo, axeitado ás idades dos participantes, e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.

 

As cotas de participación distribúense do seguinte xeito:

 

Cota normal

Alumno/a Socio/a ANPA do Colexio Salesiano ou Socio/a de Abertal

Alumno/a Socio/a ANPA do Colexio Salesiano e ademais Socio de Abertal

Actividade completa (8 días)

100 €

95 €

90 €

Semana do 26 ao 29 de decembro ou semana do 2 ao 5 de xaneiro

55 €

50 €

45 €

Días soltos

15 €

14 €

13 €

 

Os destinatarios son nenos e nenas dende 4º de Educación Infantil (3 anos) ata 6º de Educación Primaria incluídos. Contamos con 50 prazas.

 

O prazo de inscrición é do 27 de novembro ao 17 de decembro, ambos incluídos.

 

Para máis información:  Asociación Centro Xuvenil Abertal,  R/ Venezuela nº3 baixo (Vigo)

Horario de atención: De luns a venres, de 09:30 a 13.30 horas; e martes e xoves, de 16:30 a 18:30 horas.

Teléfono: 986 225 662 / 606 644 246   |   Correo electrónico: abertal@abertal.org

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que fale directamente en Abertal, para poder buscar a mellor solución.