Co ánimo de seguir favorecendo a conciliación familiar, e tamén co obxectivo de seguir dando a coñecer o proxecto educativo que desenvolvemos desde o Centro Xuvenil Abertal, facemos a proposta das “XII MAÑÁS DE ENTROIDO”:

  • Datas: 12 e 14 de febreiro
  • Lugar: Instalacións do Centro Xuvenil e do Colexio Salesiano.
  • Destinatarios/as: nenos e nenas desde 4º de Infantil (3 anos) ata 6º de Primaria incluídos.
  • Horario:

      * Entrada: de 8:30 h a 9:15 h (por Abertal, R/Venezuela 3)

      * Saída: de 13:45 h a 14:30 h (por Abertal, R/Venezuela 3)

–      Prazo de inscrición: do 22 de xaneiro ao 6 de febreiro.

 

COTAS

Cota normal

Socio/a da ANPA do Colexio Salesiano ou Socio/a de Abertal

Socio/a da ANPA do Colexio Salesiano e tamén socio/a de Abertal

Actividade completa

(os 2 días)

30 €

25 €

20 €

Días soltos

15 €

14 €

13 €

 

Os obxectivos deste proxecto son educar en valores a través do xogo, propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os nenos e nenas, promover un entroido activo e participativo, axeitado ás idades dos participantes e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.

Horario Información: luns a venres de 09:30h a 13:30h, e martes e xoves de 16:30 h a 18:30h.

Teléfonos: 986 22 56 62 / 606 64 42 46      Correo electrónico: abertal@abertal.org

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que o exprese directamente en Abertal, para buscar a mellor solución.