Actualmente non hai ningunha inscrición activa.

Que é o proxecto Mañás de…?

Mañás de desenvolve actividades lúdicas e educativas para nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria, coa finalidade de ofrecerlles un tempo libre organizado e educativo, favorecendo así a conciliación da vida laboral e familiar.

OBXECTIVOS:

  • Propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis cativos.
  • Propoñer o xogo como elemento educativo e lúdico.
  • Divertirse aprendendo cousas novas.
  • Promover actividades que animen á lectura, ao deporte, á expresión corporal e artística…

CALENDARIO:

  • Mañás de Nadal: vacacións escolares de Nadal (excluíndo festivos e fins de semana).
  • Mañás de Entroido: vacacións escolares de Entroido (excluíndo festivos e fins de semana).
  • Mañás de Semana Santa: vacacións escolares de Semana Santa (excluíndo festivos e fins de semana).
  • Mañás de verán: última semana de xuño e as catro primeiras semanas de xullo (excluíndo festivos e fins de semana). As datas poden variar, dependendo do ano.