Co conxunto de actividades que dende a asociación se propoñen pretendemos abarcar todo o colectivo da infancia e a mocidade, dando respostas ás necesidades e inquedanzas no ámbito do tempo libre e do lecer educativo.

O protagonismo xuvenil é a característica fundamental desta oferta de actividades. Así a metodoloxía participativa que se emprega para a elaboración do conxunto de proxectos e actividades fai que estas sexan resultado das achegas e propostas dos propios mozos/as e destinatarios/as e, na medida do posible os mesmos destinatarios/as participan en todo o proceso de deseño, elaboración e desenvolvemento dos proxectos.

Por outra banda, dende a asociación apóiase na medida do posible as propostas de actividades autoxestionadas de mozos/as que nos chegan.

Con nenos/as

O centro Xuvenil Abertal preocúpase polo tempo libre dos máis pequenos, e fai unha oferta variada de actividades de lecer para as diferentes períodos do ano e as demandas das familias.
MÁIS INFO

Con mozos/as

O centro xuvenil Abertal é un lugar no que atopar ofertas para empregar o tempo libre pero tamén convértese nun lugar no que desenvolver as capacidades en grupo, poñer en marcha proxectos novidosos, ou simplemente pasar o tempo.
MÁIS INFO