No Centro Xuvenil Abertal xa estamos a pensar na proposta de actividades extraescolares do curso que vén.
Co fin de facer unha oferta o máis acorde posible ás necesidades e demanda do alumnado, gustaríanos contar coa vosa opinión e as vosas suxestións, a través dunha breve enquisa. Ademais, tamén queremos coñecer, por parte das familias que estades inscritas este curso escolar, o voso grao de satisfacción coas actividades que estamos desenvolvendo.
A oferta das actividades extraescolares responden sempre a uns obxectivos e criterios educativos en consonancia co ideario dun centro salesiano:
- Educar en valores humano-cristiáns a través do xogo.
- Potenciar a creatividade, a participación e o traballo en equipo.
- Ofrecer un espazo de lecer educativo para as persoas participantes.
- Favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.
Propoñémosvos a continuación unha enquisa. Agradecémosvos que a cubrades antes do 20 de maio.
Incluímos tamén Inglés, de Sinergy, e as actividades do Club Deportivo (fútbol sala e baloncesto), para poder contar coa información completa sobre toda a oferta que se vos está facendo en horario de extraescolares, e facer unha proposta conxunta para o curso que vén.
Se o teu fillo/a ESTÁ PARTICIPANDO este curso nas actividades extraescolares, cubre esta enquisa:
Se o teu fillo/a NON está participando nas actividades extraescolares, pero SI vai participar o curso que vén, cubre esta enquisa: