O centro xuvenil Abertal é un lugar no que atopar ofertas para empregar o tempo libre pero tamén convértese nun lugar no que desenvolver as capacidades en grupo, poñer en marcha proxectos novidosos, ou simplemente pasar o rato.

Concretamente, existen os seguintes proxectos en marcha:

  • Catecumenado: grupos xuvenís de maduración cristiá, destinados a mozos e mozas de entre 16 e 20 anos, que se reúnen semanalmente e perseguen “coñecerme, coñecernos, coñecelo e coñecelo (Xesús)”
  • Campamento Urbano: experiencia ou toma de contacto cos campamentos e aprendizaxe da súa dinámica, para mozas/os maiores de 16 anos.
  • Diversidade funcional: un grupo de voluntarios/as (do que podes formar parte) acompaña no seu tempo de lecer a persoas con diversidade funcional tódolos sábados (de tarde e de noite)
  • Sala de Xogos: espazo aberto á xente moza para asistir a actividades puntuais ou desenvolver novos proxectos do seu interese.
  • Europa: servizo de información xuvenil para calquera tipo de experiencia de voluntariado en Europa.

Mais información:

Dentro da oferta do centro xuvenil Abertal destacamos os grupos xuvenís de maduración cristiá, denominamos CATECUMENADO, que completan o Itinerario de Educación na Fe, destinados a mozos e mozas de entre 16 e 20 anos, que perseguen:

  • Coñecerme: Para medrar preciso saber quen son… E por iso potenciamos a reflexión, o feito de non facer as cousas sen máis, senón pensándoas…
  • Coñecernos: Medramos xuntos… E por iso favorecemos a comunicación, abrímonos á confianza entre os/as do grupo, proxectamos accións e momentos xuntos…
  • Coñecelo: Vivimos nun mundo común… E por iso procuramos coñecer mellor a sociedade e a nosa realidade, e tratamos de construír un mundo mellor aquí e agora…
  • Coñecelo: Xesús de Nazaret é o noso modelo de persoa… E por iso procuramos coñecer mellor a súa mensaxe e a súa vida, celebramos xuntos a nosa fe…

Para realizar todo iso, os grupos de catecumenado abranguen varias accións ao longo do ano:

  • A reunión semanal
  • Os encontros locais e celebracións trimestrais
  • A xuntanza de grupos de Galicia: un encontro a nivel autonómico no que participan mozos/as de tódolos centros da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.
  • Os momentos de convivencia: acampadas, saídas, excursións…
  • O cursillos de verán: organizados pola Federación de CC. XX. Don Bosco de Galicia, normalmente na primeira quenda de xullo, en tandas de 8 días.
  • As actividades de compromiso: para decidir dende os propios grupos.

O Campamento Urbano é unha oferta gratuíta de lecer educativo, aberta a todos os nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, que consiste na realización dun campamento na propia cidade.

De entre os seus obxectivos tamén destaca o de ser “escola de animadores”. Isto significa dúas cousas:

  • O campamento Urbano pódese converter no lugar e momento axeitado para facer a parte práctica do curso de monitor de tempo libre, xa o fagas con nós ou o teñas feito con outra entidade formadora (invitamos a facer o Curso MTL intensivo con nós). Existe un equipo de persoas dedicadas a titorizar e acompañar durante este proceso a tódalas persoas que formalicen a súa petición.
  • Ao campamento achéganse rapaces e rapazas coa necesidade de empregar o seu tempo libre no verán dun xeito saudable e útil, pero que non teñen ningún tipo de experiencia animando nenos/as. Durante este primeiro contacto contarán coa axuda directa doutro animador/a con máis experiencia que lles ensinará a dinámica do campamento e cómo levar un grupo. Consideramos imprescindible a súa participación xa que eles serán os futuros/as animadores/as que levarán o peso do campamento.

A finalidade última do proxecto é favorecer, dende a educación non formal, o desenvolvemento integral de mozos/as con necesidades educativas especiais (de 14 a 40 anos) autónomos con apoios intermitentes, colaborando na creación de espazos de lecer na nosa cidade que permitan traballa-la autonomía e independencia nas relacións sociais deste colectivo.

Tres son as liñas de acción fundamentais do programa:

  • Actividades educativas e de tempo libre: integración dos mozos/as en actividades e grupos de tempo libre normalizados; creación dun grupo específico de lecer onde traballar habilidades sociais; e a oferta de apoio específico para aqueles que teñan máis dificultades coas habilidades sociais adquiridas
  • Respiro familiar e seguimento dos avances: as actividades periódicas do grupo específico de lecer servirán como un tempo no que as familias estarán máis liberadas para realizar outras actividades non relacionadas coa persoa con necesidades educativas especiais polo que consideramos o proxecto como unha opción de respiro familiar.
  • Prevención e detección de hábitos ou condutas de risco que dificulten a inclusión social dos beneficiarios: mediante o traballo no grupo se poderá facer un seguimento dos avances na adquisición de habilidades sociais, imprescindibles para o día a día dos beneficiarios directos, atendendo a parámetros de mellora das relacións sociais, no colexio, na casa e no entorno urbano de maneira que o programa funcione como un sistema de prevención e detección de condutas antisociais que poidan provocar unha exclusión aínda maior destas persoas na sociedade.


Destinatarios

O grupo destinatario constará duns 10 mozos/as por actividade, este grupo intentarase que sexa heteroxéneo e formar un grupo estable de mozos/as para que se coñezan entre eles e establezan lazos sociais e afectivos para potenciar a súa integración no grupo. Moitos destes destinatarios xa están a participar no proxecto.

Perfil dos destinatario/as:

  • Directos: 25-30 mozos de entre 14 e 40 anos con discapacidade psíquica e/ou física derivados de centros de educación especial ou ocupacional da cidade
  • Indirectos: 150. Consideramos que este proxecto pode funcionar como respiro familiar polo que se verán beneficiados todos os familiares e achegados que participan na educación e coidado dos beneficiarios directos do proxecto.


Obxectivos

Xeral:

  • Potenciar a integración e normalización das persoas con discapacidade na súa comunidade como cidadáns de pleno dereito e no coñecemento da oferta de lecer da cidade onde residen, establecendo vínculos de relación coas persoas do seu arredor tratando de desenvolver las habilidades necesarias para adquirir una autonomía urbana.


Específicos:

  • Impulsar a autonomía persoal dos mozos/as beneficiarios mediante actividades que faciliten a súa integración, habilidades sociais e o coñecemento do entorno.
  • Lograr a máxima independencia cotiá e o goce do lecer do mesmo modo que o resto da poboación.
  • Propiciar un respiro ás familias dos beneficiarios mellorando así a súa calidade de vida.


Actividades

Actividades de ocio y tiempo libre normalizado con el grupo de iguales en la ciudad durante 4 horas los sábados en horario de tarde o noche dependiendo del grupo en cuestión, cada destinatario tendrá 3 opciones de actividad con al menos 1 salida al mes asegurada. Durante el transcurso de la actividad se trabajarán habilidades sociales, normas de conducta cívicas, manejo del euro, toma de decisiones, etc.

Jornadas de formación de temas relacionados con el proyecto y la atención a los destinatarios/as para los profesionales y voluntarios/as que forman parte del proyecto que aportarán visiones y aprendizajes innovadores y enriquecedores adaptados a las características y necesidades del proyecto

Actividades teórico-prácticas una vez al mes para cada grupo de destinatarios/as de las actividades de ocio en las que se trabajarán temas relacionados con las necesidades detectadas en las propias actividades que mejoren la normalización e integración de este colectivo en la sociedad. Se tratarán temas como: manejo del euro, adquisición de habilidades sociales básicas, técnicas de memoria, mejora de autonomía, etc.

As accións deste proxecto baséanse na oferta dunha sala atraínte para mozos e mozas , que se converta en espazo de referencia para o seu lecer, dende a que se promovan actitudes e condutas sans do tempo libre.

A idea central que sustenta a nosa proposta é a constatación de que as características do espazo no que se moven os mozos/as inflúe de forma determinante no seu proceso educativo, de xeito que apostamos por ofertar un espazo con características educativas e saudables, como elemento promotor do desenvolvemento destes hábitos nos mozos/as.

Outra das liñas transversais da proposta é que temos que ser atraentes para a mocidade, para converternos en espazo de prevención, hai que ser primeiramente lugar de referencia, polo que apostamos por que a sala funcione como un bar, e oferte servizos de lecer lúdicos competitivos de cara á mocidade.

Desde este proxecto téntase ademais dar resposta ás demandas realizadas polos propios mozos/zas, promovendo e apoiando actividades autoxestionadas por eles. 

Obxectivos xerais do proxecto

  • Ofertarlle ós mozos e mozas un espazo propio no que se sintan cómodos e no que poidan ocupar o seu tempo libre de forma saudable.
  • Fomentar entre os destinatarios/as actividades de tempo libre.
  • Fomentar a conciencia crítica, a participación social…
  • Fomentar a conciencia crítica, a participación socia
  • Fomentar o desenvolvemento de valores humano-cristiás.
  • Previ-lo consumo de calquera substancias non saudabels.

Recursos metodolóxicos

Aqueles elementos que consideramos claves na intervención que queremos desenvolver, e como tales os témolos que coidar.

  • O ESPAZO: as características do espazo deben ser educativas: transmitir valores de convivencia, limpeza, aberto a todos, san…
  • O AMBIENTE: un ambiente de acollida, de tolerancia, de convivencia, de aceptación, tamén transmite valores moi positivos e fomenta a relación interpersoal e a resolución de conflitos persoais…
  • AXENTES EDUCATIVOS: foméntase a relación persoal educador-destinatario/a, e actuar de mediador fronte a conflitos e a necesidades persoais dos rapaces/as.
  • ACTIVIDADES: as actividades dotan de contido a sala. Diferenciamos: actividades puntuais, proxectos de continuidade…
  • SERVIZOS: información, asesoramento e ofertas permanentes que pensamos son de interese para a mocidade, a disposición dos/as que os precisen.

Modelo de participación dos destinatarios/as

A proposta baséase en que os propios usuarios sexan os protagonistas das accións que se van desenvolver, é por iso que propomos como modelo de participación o seguinte:

  • Reunións puntuais para organizar actividades.
  • Oferta de actividades concretas en función de intereses ou necesidades detectadas: trátase de responder a necesidades concretas formuladas por grupos de destinatarios, para atender os seus centros de interese.
  • Autoxestión de actividades: que se promoverá que os propios mozos/as propoñan, programen e xestionen actividades.
  • Fomentar experiencias de voluntariado.

A comisión de música a forman membros de Abertal que no seu tempo libre teñen como hobby o mundo da música. Se encargan de dinamizar as actividades musicais que se levan a cabo no centro, a organización de cafés concertó ou jam sessions e a axudar a pequenos grupos a ensayar ofrecendo a súa sala de ensaios.

A actividade con máis éxito é Única Función, un concerto benéfico no que participan mozos de Vigo que sexan músicos amateurs. O proxecto ten como finalidade que os mozos coñezan o proceso de preparación dun concerto e que coñezan a outros mozos, pois deberán tocar con músicos que non coñecen. Leva sete edicións cunha media de 400 espectadores, prácticamente o aforo máximo do Teatro Salesianos. A recadación entrégase íntegramente a proxectos de desenvolvemento da infancia e mocidade en países emprovecido

Cada ano potenciamos a formación continua das persoas voluntarias da nosa Asociación organizando un par de cursos oficiais de Monitores/as e/ou Directores/as de Actividades de Tempo Libre. De cando en vez tamén levamos a cabo algúns cursos monográficos de temática diversa e específica. En colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco de Compostela

Ademais aproveitamos a oferta formativa da inspectoría salesiana e doutras entidades para formarnos en campos específicos.

OBXECTIVOS:

  • Favorecer que todo animador/a de Amencer conte cunha titulación de tempo libre oficial.
  • Facilitar á mocidade de Ourense cursos de Monitores e Directores de Actividades de Tempo Libre con titulación oficial da Xunta de Galicia.
  • Favorecer accións formativas específicas de animación e tempo libre a través da organización de cursos monográficos.
  • Aproveitar toda a oferta formativa axeitada ao noso labor para seguir formándonos con outras entidades.

ACTIVIDADES:

Curso de monitores de actividades de tempo libre

DESCRICIÓN: Cursos oficiais de Monitores/as de Tempo Libre en colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco de Compostela. A titulación obtida é oficial e está recoñecida pola Xunta de Galicia. Estes cursos facémolos abertos a toda a cidade de Ourense.

CALENDARIO:Unha primeira convocatoria comezaría no primeiro trimestre, arredor das datas do Nadal e unha segunda convocatoria no terceiro trimestre, antes de rematar o curso (xuño).

Curso de directores de actividades de tempo libre

DESCRICIÓN: Curso oficial de Directores/as de Actividades de Tempo Libre en colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco de Compostela. A titulación obtida é oficial e está recoñecida pola Xunta de Galicia. Este curso facémolos aberto a toda a cidade de Ourense.

CALENDARIO: Durante o curso escolar, alternándose co curso de Monitores de Tempo Libre, cando haxa xente interesada.