Curso Monitor/a Tempo Libre en Vigo. A titulación de monitores de actividades de tempo libre é un título que concede a  Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Para a súa obtención están recoñecidas unhas institucións chamadas “Escolas de tempo libre”. Entre estas encóntrase a Escola de tempo libre e animación sociocultural DON BOSCO (ETLDB), recoñecida a tal efecto o 1 de xuño de 1986.

REQUISITOS
Para a matrícula no curso de monitores é imprescindible cumprir estes requisitos:
·    Ter cumpridos os 18 anos no comezo do curso (engadir fotocopia do DNI)
·    Ter graduado en educación secundaria, graduado escolar, técnico auxiliar en FP ou equivalente.

PREZO: 250 EUROS (taxas de expedición do título non incluídas)

DESCRICIÓN DO CURSO 

Para a obtención deste título, o alumno/a debe superar dúas fases descritas no decreto vixente na actualidade.

A PRIMEIRA FASE, chamada teórico-práctica, é a que se corresponde propiamente co curso. Ten unha duración de 200 horas organizadas en 20 xornadas de 10 horas cada unha, correspondentes polo xeral a unha materia do plano de estudios descrita no citado decreto, adaptado por esta ETLDB dentro das súas competencias.

Combinarase o modelo presencial e online segundo determina a normativa autonómica.

A SEGUNDA FASE correspóndese cun período de prácticas, nunha destas dúas modalidades:
    – 14 días de actividades ao aire libre (campamentos, colonias…) en bloques non inferiores a tres días.
    – 150 horas en actividades cunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre.


A MAIORES o alumnado que así o desexe poden complementar esta titulación oficial co certificado de manipulación de alimentos e co certificado de prevención de riscos no tempo libre (incluído no prezo do CMTL).

DATAS: 7, 8, 9 ,10, 11, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 20, 21, 22, 23, 27, 28, 29, 30 DE XUÑO E 1 DE XULLO

(*) As datas poden sufrir algunha variación por causas organizativas pero sen modificar nin a data de inicio nin a data de finalización.

A maioría do curso desenvolverase de forma presencial. Unha pequena porcentaxe das horas do curso realizarase de forma online que poderían aumentar si a situación sanitaria así o requerira.

HORARIO:

  • As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
  • As sesións online impartiranse cos seguintes criterios:
    • Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 9:00 e as 14.00 e/ou de 16:00 a 21:00.
    • Traballos e tarefas na aula virtual

AVALIACIÓN
A avaliación de ambas fases correspóndelle á ETL, baseándose en criterios establecidos ao comezo de cada curso.

Normas xerais de inscrición
A inscrición deste Curso Monitor/a Tempo Libre en Vigo farase online (enlace ao final deste artigo), formalizándose coa entrega de 75 € do importe total do curso.
O restante 175 € da matrícula terase que abonar antes do ecuador do curso. No caso dalgunha dificultade á hora de pagar a matrícula, estudarase cada caso de xeito particular.
O prazo de matrícula:

1ª fase: ata o 24 de maio.

2ª fase: ata o 6 de xuño ou ben ata acadar o límite de 25 prazas.

O importe do curso inclúe os materiais básicos, o seguro e os dereitos académicos.
As prazas son limitadas, e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Non se realizan reservas.

Baixas 
Toda notificación de baixa posterior ao prazo final de inscrición da fase na que te inscribiches do correspondente curso dá dereito á devolución dun 50% do importe de matrícula. Unha vez comezado o curso non haberá devolucións.
A non asistencia a un curso significa a perda de todos os dereitos de matrícula, así como o importe da mesma.

Anulación de cursos
A Escola de Tempo Libre reservase o dereito de anular algún curso cando o número de inscricións non sexa suficiente, a xuízo da entidade. Neste caso devolverase o importe íntegro da matrícula.

Certificacións
Ao final de cada curso, a Escola de Tempo Libre e animación socio cultural Don Bosco estenderá un certificado de asistencia, co número de horas indicado.

O feito de efectuar unha matrícula supón o coñecemento e aceptación destas normas.