Que é Catecumenado?

Grupos xuvenís de tempo libre onde o obxectivo principal é o Me Nos Lo Lo

Coñecerme: Para medrar preciso saber quen son e por iso potenciamos a reflexión, non facer as cousas sen máis, senón pensándoas ...

Coñecernos: Medramos xuntos e xuntas, e por iso favorecemos a comunicación, abrímonos á confianza entre as persoas do grupo, proxectamos accións e momentos xuntas.

Coñecelo: Vivimos nun mundo común, e por iso procuramos coñecer mellor a sociedade e a nosa realidade, e tratamos de construír un mundo mellor aquí e agora.

Coñecelo: Xesús é o noso modelo de persoa, e por iso procuramos coñecer mellor a súa mensaxe e a súa vida, celebramos xuntas a nosa fe ...

 

Como vai ser Catecumenado este ano?

Debido á situación actual (Covid), haberá algunhas modificacións na metodoloxía dos encontros. O uso da mascarilla será obrigatorio, empregaremos hidroxel antes,durante e despois das reunións, tomaremos a temperatura na entrada, os grupos serán reducidos (10 mozos/a por cada animador/a), minimizaremos ao máximo as actividades de contacto, non haberá acollida (cada grupo se dirixirá directamente ao seu lugar de encontro) e non se abrirá a sala de xogos ao rematar as reunións.

Polo de agora non celebraremos encontros autonómicos, acampadas, etc.

 

Cando comezamos? A que hora? Onde se reúne o primeiro día o meu grupo?

O inicio oficial das reunións será o vindeiro venres 16 de outubro de 2020 ás 16,00 h. Cada grupo se dirixirá á súa sala, aquí indicadas, directamente:

  • Iniciación I: Sala de xogos
  • Iniciación II: Sala amarela
  • Catecumenado I: Sala laranxa
  • Catecumenado II: Parroquia

Para facilitar a xestión de entradas e saídas, é indispensable non aglomerarse na porta e chegar puntuais, nunca máis aló das 16,30 h.

Para poder acceder á reunión o primeiro día será necesario entregar asinada a Declaración Responsable.

 

(Pincha aquí para coñecer todo o Plan de Actuación nas Actividades do I.E.F. con motivo da Covid-19)


Socios e socias

Para asistir ás actividades será imprescindible facerse socio/a debido á situación sanitaria actual (necesidade de ter rexistradas a todas as persoas asistentes). Tamén, para poder seguir mantendo economicamente as actividades, precisamos que haxa compromiso asociativo por parte de todos e todas.
Para facilitar esta xestión, completamente telemática, engadimos a ligazón onde aparece toda a información para asociarte: abertal.org/plataforma

 
Agardámosvos!

Un saúdo do equipo de animadores e animadoras de Catecumenado.