C.X. ABERTAL & CLUB SALESIANOS VIGO
O Centro Xuvenil Abertal e o Club Salesianos de Vigo colaboran, outro ano máis, para organizar o “6º TORNEO SOLIDARIO DE BALONCESTO 3X3” que se desenvolverá o martes 5 (de tarde – noite) de decembro de 2023 nas instalacións deportivas do Colexio “María Auxiliadora” de Vigo.
INFORMACIÓN XERAL
Título: “6º TORNEO SOLIDARIO BALONCESTO 3X3 NOCTURNO” · C.X. ABERTAL & CLUB SALESIANOS VIGO
Organiza: Centro Xuvenil Abertal e Club Salesianos Vigo.
Colabora: Colexio “María Auxiliadora” de Vigo.
Carácter solidario: “Operación Quilo”. Donación de 3 paquetes de comida/jugador participante. Preferencia: productos de Nadal.
Lugar: Pavillón de Baloncesto · Colegio “María Auxiliadora” de Vigo.
Data: Martes 5 (tarde – noite) de decembro de 2023.
Obxectivos:
- Axudar ás familias do barrio que o precisan.
- Ofrecer unha actividade de tempo libre educativa.
- Dar un enfoque novo á actividade deportiva.
Formato: 3 contra 3 de Baloncesto.
Categorías:
- “Infantil” (canastra grande): nacidos/-as en 2013, 2012, 2011, 2010 (de tarde).
- “Sénior” (canastra grande): nacidos/-as en 2009 y anteriores (de noite).
Previsión horaria:
- “Infantil”: de 17:30 a 20:00 horas, aprox.
- “Sénior”: 20:30 ata a madrugada, aprox.
Seguro deportivo: A organización do evento contratará un seguro de accidentes deportivos para posibles casos de lesión.
Arbitraxe:
- “Infantil”: arbitrarán persoas adestradoras do Club Salesianos.
- “Sénior”: arbitrarán as propias persoas participantes.
Inscrición:
Equipos: mínimo 4 e máximo 6 xogadores por equipo.
Donación de 3 paquetes de alimentos non perecedeiros por persoa. Entrega o mesmo día do torneo.
Data límite: domingo 3 de decembro de 2023 as 23:59h.
Prazas limitadas: 8 equipos infantiles, 16 equipos senior.
Calendario de xogo / Normas de competición:
Faranse públicos o martes 5 de decembro de 2023.Poderán consultarse en: http://www.cbsalesianosvigo.es/ e http://abertal.org/