DEZ ANOS DE EXPERIENCIA EN TEMPO LIBRE EDUCATIVO E AXUDANDO Á CONCILIACIÓN FAMILIAR.
Durante os días 23, 24, 28, 29, 30, 31 de decembro de 2020 e 4, 5 e 7 de xaneiro de 2021 celebramos as X Mañás de Nadal. Nelas participaron preto de 40 nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria, que gozaron de actividades de tempo libre educativo, contribuido deste xeito ao seu desenvovemento persoal e facilitando a conciliación familiar. Para facilitar a participación dos nenos e nenas, as actividades desenvolvéronse en horario extendido de 8:00h a 14:00h, mediate o servizo de acollida/aula matinal incluída dentro da programación.
Algunhas das actividades realizadas e que en base á nosa experiencia sabemos que funcionan son:
– Obradoiros de Nadal: bolas de neve personalizadas, árbores de Nadal, felicitacións divertidas etc.
– Xincanas de xogos: slackline, hockey, tiro con arco, just dance, etc.
– Misións imposibles e grandes xogos.
– Visita a exposicións e entrega da carta aos Reis Magos.
– Cine de Nadal.
Todas elas abordáronse sempre dende metodoloxías innovadoras e fixéronse atendendo ás restricións sanitarias vixentes e respectando protocolos de prevención determinados polas administracións para as actividades de lecer e tempo libre debido á pandemia da Covid 19.
Podes ver imaxes do que foi Mañás de Nadal premendo aquí