Alternativa Vaivén 14 nov. 2020

O pasado sábado 14 de novembro, Saltimbanquis, Andaina e ADS xuntábanse nos seus respectivos lugares de encontro, adaptados aos aforos. Foi unha xornada especial xa que se entregabna os panos, símbolo de querer medrar ao estilo de Xesús acompañados polos nosos compañeiros e compañeiras.

Saltimbanquis seguía a coñecer aos Amigos de Juanito e aprendendo a ser un equipo, e a xogar como tal! Logo de experimentalo ao longo da mañá, para o tempo na corda, unha curtametraxe axudaba visualizar a importancia do traballo en equipo e poñíanlle así o broche final á mañá.

Andaina cunha Oca e ADS con diferentes probas, converxían cara o final da mañá na parábola do Samaritano. Texto que parecían ter experimentado nas súas propias carnes noutras ocasións, e non hai mellor experiencia que sentir que alguén se preocupa por ti. Foi así como, logo de caer na conta que temos ao noso redor moitos samaritanos e samaritanas, pensaron en sumarse eles e elas. Caer na conta que todos e cada un de nós podemos ser samaritanos, foi un dos descubrimentos da mañá. E ti, como te podes facer próximo?

Aquí podes ver as fotos.