Asemblea Alternativa Vaivén 2º t.

A idea de ter unha asemblea emociounos a moitos e ainda que non ia ser máis ca unha videochamada con moita xente, o cal pode parecer un caos, converteuse nun bo rato o que ademáis podemos sacar proveito.

A existencia dun cartel para animarnos a participar anticipaba unha boa reunión. Pouco a pouco fomos sumándonos ao Zoom, unhas máis despertas ca outras; tivemos un primeiro momento para compartir, como é habitual, cunha dinámica que facilitou escoitarnos e poder falar, como estou nesta corentena? E logo pasarlle a “bola telemática” a outra persoa. De seguido, da man de Xabi Blanco, escoitamos un saúdo de benvida e lembrándonos que estamos en Pascua. Sen perder de vista esta última idea fixemos una oración lida por turnos entre unas cantas. Coma é tradición tivemos un visionado de fotos e vídeos recopilados por Isaac do último trimestre e logo revisamos a avaliación resumida por Alejandra nunha presentación. Coma despedida sacamos o atrezzo e bailamos todas xuntas algunha que outra canción.
Unha asamblea sen convivencia podería parecer imposible, ainda así as que facemos o encontró somos cada unha e cada un de nós, polo que ver a nosas caras xa fai que haxa encontro, se sumamos a isto, compartir cómo nos atopamos, a oración e as gañas de voltar, podemos formar unha asamblea con todas as letras.

Coas ideas en mente do que temos que mellorar, pero tamén do que fixemos ben e queremos manter, aproveitaremos estes días na casa para preparar a mellor volta posible. Que estaremos a argallar? Unha cousa teño segura, cada día que pasa as gañas aumentan e a asamblea non fixo máis que alimentalas.

Voltaremos!

 R. S.