VI Torneo Nocturno Futsal Don Bosco 2020

Na tarde, noite e madrugada do pasado venres e sábado, 24 e 25 de xaneiro, desenvolveuse nas instalacións do Colexio María Auxiliadora Salesianos Vigo a 6ª edición do torneo de fútbol sala organizado polo Centro Xuvenil Abertal.  

Máis de 120 persoas, de quince anos en diante formalizaron primeiro e xogaron despois este xa senlleiro torneo do mes de xaneiro, na honra a Don Bosco. En orde á organización e artellamento do mesmo, a entidade viguesa conta coa colaboración da ANPA do Colexio María Auxiliadora, da Asociación de Antigos Alumnos, e doutras entidades veciñas. 
O saque de honra foi realizado por Lorenzo Ramos , salesiano e director da presenza salesianas, cando o reloxo marcaba as seis da tarde, iniciando con el a sucesión initerrumpida dos partidos, máis de 10 horas de fútbol e bo ambiente.
“Non foi a edición máis concurrida pero a calidade do fútbol e a sensación de familiaridade respirábase na cancha” –asegura Isaac González un dos organizadores do mesmo. 
A fase de grupos rematou pasadas xa as tres da mañá e deu paso as eliminatorias que se prolongaron ata preto das catro da madrugada, hora á que tivo lugar a final.
Os trofeos foron financiados polas entidades citadas anteriormente e entregados á hora na que concluiu o torneo.

Preme aquí para mirar a morea de fotos que nos proportionou Guillermo Varela @guillito.