Alternativa Vaivén 2 nov. 2019

Ponte de Tódolos Santos, mañá chuviosa, pero Abertal abría as súas portas o sábado 2 de novembro para gozar de Saltimbanquis, Andaina e ADS.

O grupo dos máis maiores non quixo perder a oportunidade de continuar a súa aventura de Compostela Expres e nesta etapa o recorrido foi pola cidade aproveitando a contorna do centro xuvenill. Comezaron presentando o libro vermello que será onde escribirán os rankings e as conclusións persoais ou grupais de cada etapa;  gravaron unhas escenas de frases sabias, cada grupo tiña que atopar a frase sabia, agochada por algun sitio de abertal, patio etc. unha vez atopadas foron  ao lugar indicado onde facer a representación para poder gañar “composteleuros”, e así ter vantaxes no futuro.

Por outra banda Saltimbanquis e Andaina, decidiron celebrar conxuntamente o Samaín, con obradoiros e probas de medo, na que todo o mundo o pasou xenial. Obradoiros con material reciclado foron o centro da actividade, como lanternas de vidro pintadas e decoradas para alumear con candeas; tamén aproveitaron tubos de cartón para decorar as salas con morcegos. Tamén o baile e os disfraces axudaron a meternos na actividade na que os sustos foron os protagonistas. Para rematar a mañá xuntáronse relaxadamente para pensar nas persoas que xa non están con nós e gradecer o vivido con elas.

Aquí podedes atopar unha escolma de fotos