O pasado 1 de xuño de 2019 xuntabámonos Saltimbanquis, Andainas e ADS para poñerlle o broche ao final do curso, sen esquecernos dos campamentos de verán!
Aproveitando o bo tempo, decidimos pasar unha xornada nas nosas fermosas praias, dando un paseo dende a Bouzas ata a de Alcabre, onde quedaríamos para comer, ter o tempo de paz e pasar a tarde entre xogos.
Apoderámonos da auga, da area e do céspede para divertirnos con diferentes xogos, chamando a atención de toda a praia incluso con persoas invitadas que se uniron á diversión.
Cunha avaliación final do curso e con propostas para o vindeiro dabamos por finalizado o día e volviamos con menos enerxía pero con ganas de que cheguen os campamentos para atoparnos con antigas amizades e ter a oportunidade de facer novas.
Aquí podes ver unha escolma de fotos.