Xuntanza IEF en Chandebrito – 11 maio 2019

SALVEMOS A TERRA!: DOUSCENTOS PARTICIPANTES NA XUNTANZA DE DON BOSCO ORGANIZADA POR ABERTAL

Este sábado 11 de maio o Centro Xuvenil Abertal que é Asociación socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia organiza a xuntanza de grupos de tempo libre infantís. O encontro desenvolveuse en Chandebrito onde puideron seguir contribuíndo coa reforestación trala vaga de lumes e coñecendo e disfrutando da contorna. Participan as entidades pertencentes á FEDERACION que comprende as asociacións xuvenís ABERTAL de Vigo, DON BOSCO de Compostela, ABEIRO de A Coruña, AMENCER de Ourense e ATEIBO de Lugo.

SÁBADO, 11 DE MAIO
A asociación Centro Xuvenil Abertal, socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, organizou a Xuntanza de grupos do IEF “Salvemos a terra!”.
A xuntanza comezarou a partires das 11,00 horas no Castro de Chandebrito onde todos os participantes foron acollidos polos membros da Asociación anfitriona e tamén da Comunidade de Montes coa que se alumbrou este encontro. Foron ao redor de 200 participantes que gozaron desta xornada nas inmediacións de Chandebrito.
Organizados en grupos segundo a idade das persoas participantes ao longo do día tiveron a oportunidade de participar en actividades tan diversas como: reforestación, challenge cultural rural, ruta de sendeirismo, xogos, achegamento aos petróglifos, prevención de lumes, contemplación,…
Polo miúdo pode observarse o desenvolvemento da xornada no cadro co horario base que adxuntamos ao final deste comunicado.
Cada grupo foi acompañado por persoas animadoras que xunto con aqueloutras que levaron cada unha das actividades facilitaron a participación de todos. Para o desenvolvemento das mesmas contamos, felizmente, coa colaboración de persoas de todas as idades do lugar polo que ademais do coidado obxectivo da natureza teremos a experiencia da comunicación e traballo interxeracional que facilitará para os participantes, a inmensa maioría deles procedentes de significativos núcleos urbanos, o contacto co rural, elemento esencial e constitutivo da nosa Galiza.
A xornada concluíu cun xesto simbólico e conmemorativo do día, que fixo que a experiencia vivida aquí de coidado, transformación e mellora da contorna puidese ser levada ás outras cidades onde se encontra a Federación Don Bosco.

Rede de solidaridade prolongada no tempo
Aínda que a xornada se desenvolveu ao longo da xornada do sábado, este encontro é froito dunha feliz conluencia de sensibilidades e colaboración: por unha banda a experiencia da Operación Manda Carballo do colexio dos salesianos o curso pasado, a sensibilidade de Abertal por comprometerse e mellorar a contorna máis inmediata, a comunidade de Montes e a veciñanza de Chandebrito e algunhas persoas a título individual sen as que non sería posible (Oliver, Víctor, Pepe…). Todos levaban desde o mes de outubro argallando este encontro de maneira que se puido desenvolver con éxito e facilitou as entidades que veñen doutros lugares unha experiencia xeitosa de colaboración, transformación e disfrute dunha experiencia de ecoloxía integral.

Recoñecemento estatal e internacional
Ante a difusión do encontro e polas súas características: desenvolvido no eido do tempo libre, con nenos, nenas, mozos e mozas, artellado coa xente do lugar e inserto no seu propio proceso de recuperación… algunhas entidades tanto estatais coma internacionais amosaron o seu interese e recoñecemento pola inciativa: tanto Confederación estatal de Centros Xuvenís, que vén de anunciar a creación dunha app para a prevención de drogodependencias e lidera con outras entidades do terceiro sector o programa “RECONOCE” para o recoñecemento das competencias que o voluntariado desenvolve para a vida laboral, coma a GreenAlliance de Europa fixeron chegar sendas mensaxes de felicitación e apadriñamento da iniciativa.

Fidelidade histórica
A través destas accións Abertal, que está a celebrar o corenta aniversario da súa fundación evidencia o seu compromiso por un tempo libre educativo, transformador, creativo, comprometido

 As fotos aquí!