por unha economía solidaria

O centro xuvenil Abertal, como asociación socias do Git Galiza Sur, participou (delegando o seu voto) na Asemblea de Fiare Banca Etica celebrada o pasado sábado 18 de maio de 2019 en Bilbao.

Compartimos con vós o fito alcanzado na participación das socias (1.300 da Área Fiare). Cada unha das nosas delegacións contribuiu a que teñamos por primeira vez a unha muller presidindo a cooperativa e a que tanto Peru Sasia e Arola Farré formen parte do CdA.

Un resumo do aprobado na Asemblea atópase no seguinte enlace:
https://www.fiarebancaetica.coop/blog/asamblea-ha-elegido-un-nuevo-cda-y-anna-fassano-es-presidenta