Saída ADS a Tui – 14 decembro 2018

Na tardiña do 14 de decembro saía o grupo de ADS camiño Tui coa intención de culminar a súa aventura, en busca do Códice Telmus.

Pero foi ao chegar ao albergue dos Maristas canfo atoparon á súa mascota Jonhy morta (peluche), foi asasinado por alguén, e a súa misión converteuse en averiguar QUEN cometeu o delito, ONDE, e COMO (con qué arma). Dividíronse en tres grupos rpartíronse o traballo e puxéronse mans á obra. Logo de resolver o caso e gozar dunha magnífica velada, dispuxéronse a descansar.

Á mañá seguinte o Señor X deixou a localización exacta de onde se atopaba o códice en forma de coordenadas xeográficas, pero que non foi tan doado xa que non lles deu os números exactos, senón que deixou probas para que atopar eses números. Logo de superar numerosos atrancosdirixíronse á capela de San Telmo e xa alí atoparon as últimas indicacións dunha proba para conseguir algo fundamental para dar co códice. Xa pasara toda a mañá e parte da tarde pero xa se coñecían Tui e os seus rincóns e gozaran da compaña.

Xa na velada viron as actuacións que prepararon os rapaces e rapazas pola tarde con xogos nocturnos intercalados como son: as bandeiras, o camiño, as 4 vacas, o escondite ao revés, potencia pulmonar, etc.

Na maña do domingo, erguéronse con moitas enerxías así que comezaron cun gran xogo todos xuntos/as e continuaron con distintos deportes nos que puideron elixir. A continuación, no Tempo de Paz, o exemplo de Domingo Savio faláballes de que non hai vida pequena ou insignificante, que non hai persoa que non poda chegar ao que se propón, que Deus actúa na vida de cada un se lle deixa. Se Domingo o fixo, por qué eu non? Para iso proxectaron o ideal que teñen de si mesmos, debuxaron a silueta que lles gustaría ser, comentárono, viron coincidencias, reflexionar sobre que podían facer para chegar a ese ideal. E remataron propoñendo o decálogo de valores de Domingo Savio: Sensible, Decidido, Positivo, Crítico, Creyente, Creativo, Humilde,  Amigo, Auténtico, Imitable.

Non puideron rematar doutro xeito que cantando o himno ADS.

E para mostra unhas fotos.