IV Magosto Rock

Polo San Martiño…vai ó magosto e canta un pouquiño!
O venres 9 pola tardiña xuntámonos para festexar o Magosto, unha das grandes tradicións de Galicia en torno á festa de San Martiño. Puxemos un pouco de leña máis para facer uns bocadillos e así, entre risas e amigos ceamos todos xuntos, mentres que as castañas esperaban nos cucuruchos de papel.  

Xuntámonos sobre as 19:00 moitos voluntarios para colocar as mesas, preparar os chourizos, cortar o pan e facer as brasas.
Pouco a pouco foron chegando e sobre as 8: 30 xa comezamos a comer, a compartir, e a pásalo ben. Logo de comer as castañas e tratar de ensuciarnos co carbón, demos paso a segunda parte: o Rock. Todos os que quixeran podíanse achegar a cantar ou a tocar algo en grupo ou en solitario.
A lista de temas e artistas afeccionados fixo que foran outros tantos os que se animaran a subir ao escenario sen ensaiar aportando o seu talento, xuntando dúas horas de concerto.

Aquí podes atopar unha escolma de fotos que amosan o ben que o pasamos