Alternativa Vaivén – 17 novembro 2018

Coma tódolos venres ás 18h. animadores e animadores Saltimbanquis, Andaina e ADS quedaban para preparar e argallar todas as actividades para o día seguinte.

O sábado ben cedo chegaban os máis madrugadores, animadores, animadoras e algún rapaz. Con toda a ilusión no corpo a sala de materíal fervía, disfraces, xogos para a acollida, material para os tempos de paz; tentando coidar cada detalle.

Saltimbanquis colleu a Teresa, dos amigos de Juanito, como protagonista do día, que guiaría a nenos e nenas polo coñecemento científico, da man doutras mulleres valentes que no seu tempo foron pioneiras e aportaron a súa sabedoría á ciencia. A figura de María tan importante para nós, a igualdade entre as mulleres e homes, e o que cada quen podía aportar a esta causa desde a súa vida diaria, na casa, no cole, na rúa, etc.

Andaina, coa regra de ouro “rexeitamola violencia e traballamos pola paz” como bandeira, gozaron dunha xornada ao aire libre. Dentro da aventura dos programas de tv, o “Grand Prix” foi a excusa para xogar, pasalo ben e gozar da sana competitividade. Cada grupo convirtiuse nunha vila que competía por amosar que eran os mellores nas diferentes destrezas. Pero foi no tempo de amigos no que comezamos a distinguir entre as ganas de mellorar, a competitividade sana, en contra de pasar por riba dos demais para o beneficio propio.

ADS, a piques de atopar as derradeiras pistas que lle levarán a atopar o “Códice”, este sábado xuntáronse por equipos ao redor do xogo da oca, pero dun xeito particular, con distintas probas que os comprometían como equipo, fisicamente ou esixían traballo da dimensión persoal coa axuda do grupo.

 

 

Aquí unha escolma de fotos.