Xornadas de formación e Asamblea do IEF en Ourense.

O venres 26 de outubro xuntámonos no centro xuvenil Amencer, preto de 108 animadoras/ es e preanimadoras/ es da zona noroeste da inspectoría de Santiago el Mayor, para gozar dunha fin de semana de formación, compartir, celebrar e camiñar xuntos nesta laboura común, do IEF.

A mañá do sábado dividiuse en varias partes. Por un lado as preanimadoras/es asomáronse ó sistema preventivo de Dn Bosco e a como educar dende o tempo libre. Mentres que a experiencia, a reflexión, o mirar máis alá, tomarse en serio ós nenos e nenas… foron algunhas das características que dous persoas do Antigo Testamento, Elí e Samuel, ensináronnos na nosa laboura como animadores no primeiro momento da mañá. Logo da oración, as animadoras/ es separámonos por movementos para compartir as experiencias dos centros de orixe; como son os nosos rapaces e qué ámbitos precisamos mellorar.
Despois do café de media mañá, volvimos por movementos para continuar o tempo da formación. Mentres as preanimadoras/ es tiveron dous momentos formativos: un sobre as redes sociais  e outro sobre as dinámicas de grupos.
Xa para rematar, á tardiña, celebramos xuntos a Eucaristía. Un momento no que compartir a fe vivida. A celebración é o transfondo da nosa misión, e onde collemos as forzas para continuar o camiño, por iso adicámoslle un tempo especial.
Comezamos o domingo co saúdo de Dn Estéfano, o conselleiro rexional da zona do mediterraneo, no nome do Reitor maior, continuamos cas asembleas por movementos.
Unha vez rematado o xantar e os últimos avisos cada un dos centros xuvenís emprendeu o viaxe de volta co espírito renovado, novos elementos para seguir crecendo e moitas ganas de atoparse na próxima xuntanza.
Agradecémoslle ao centro Xuvenil Amencer a súa dispoñibilidade, xenerosidade e o seu traballo durante estes días.

Pincha aquí para ver que ben o pasamos