30 anos non se cumpren todos os días, por iso, este verán o campamento urbano de Vigo, xestionado polo centro xuvenil Abertal, botou a casa pola ventá para unha data tan remarcada como esta, visibilizando, de novo a aposta polos valores mais identificativos do campamento urbano: xogar na cidade (prazas, centro, montes, etc), liberdade de participación, aberto e gratuíto.
A aventura deste campamento foi un percorrido, coa axuda dunha máquina do tempo, polos eventos mais significativos da historia.
Xuntámonos en Abertal os días 24, 27 e 28 de xullo máis de 20 animadores para coñecerse, formarse sobre como debe ser un animador do urbano é coñecer as programacións. O sábado levamos todo o material que precisábamos para o pavillón; escribir o himno do campamento e deixar todo arranxado para que o luns, todo estivera a punto.
O 30 de xullo, ás 7:45 da mañá abríanse as portas do 30 campamento urbano para que aqueas nenas e nenos que o precisaran, foran chegando, gota a gota. A ilusión das animadoras e animadores era tal que conseguían cambiar os rostros somnolentos e asustados, cun sorriso e un choque de mans.
Xa as 9:00 h. todas as gotas formaron un oasis no que as 450 rapazas e rapaces puideron descansar e refrescarse do calor de afogar de todo un largo ano. Achegarse ó campamento é para moitas das rapazas e dos rapaces, é un tempo de descanso, tranquilidade, desconexión e un pulo para o ano seguinte.
Ademais, este ano, Vigo foi o anfitrión da xuntanza de todos os centros xuvenís de Galicia. Arredor de 1300 persoas xuntámonos na praza do Rei e, cando todos os campamentos xuvenís estábamos alí reunidos, e despois da benvida do alcalde, collemos un barco rumbo á praia de Rodeira en Cangas, para gozar xuntos dun día de sol, de amizade e diversión.