O 4 de maio, un grupo nutrido de rapaces e rapazas dos grupos de Catecumenado de Abertal celebraron a súa confirmación.
A celebración, preparada ao longo dos anos anteriores coas reunión semanais, cos encontros trimestrais locais e inspectoriais e cos campamentos,
tivo o seu punto álxido nestas últimas semanas coa última reunión das familias, a celebración da reconciliación e a celebración propia da Confirmación.
Despois da preparación máis inmediata de todos os elementos da xornada das confirmacións, chegou a hora celebración, presididos polo Delegado Episcopal Don Juan Andión Marán e acompañados dos compañeiros, familiares, amigos e os padriños e madriñas especialmente significativos na celebración deste sacramento, saborearon con serenidade e ilusión a liturxia deste sacramento.
Ao grupo anfitrión sumouse un grupo de rapaces e rapazas que fixeron a súa preparación na parroquia de María Nai do Bo Pastor, dos PP. Capuchinos.
A Palabra de Deus proclamada na celebración semellou acaer totalmente ao que se celebraba: saberse queridos, comprometidos a querer.
Á celebración seguiu un momento de confraternización no pavillón do Colexio Salesiano. Entre todos ofreceron unha sinxeliña merenda, que preparada polos demais grupos de catecumenado, facilitou outro tempo de encontro, de felicitación e visibilización da fraternidade que sacramentalmente celebraramos anteriormente e que despois queremos seguir a construír.