O mes de Febreiro chegou á alternativa vaivén e con eles un sen fin de actividades e ilusión. Despois de termos que aprazar a excursión á neve para o día 17, xuntáronse saltimbanquis, andinas e Ads para gozar dun sábado cos amigos.
Os Saltimbanquis xuntáronse ó redor de Teranga, amiga de Juanito, e con ela tiveron a sorte de coñecer outros países e culturas. En pequenos grupos
Os Andainas estiveron preparando os seus disfraces para estas festas de Entroido. Mediante probas, ían conseguindo partes dos disfraces que logo, no tempo de amigos, servíronnos para ir descubrindo de que cousas podemos “disfrazarnos” porque nos axudan a ser mellores no noso día a día, e que “disfraces” debemos desbotar, pois non nos fan máis auténticos.
Mentres, os Ads estiveron traballando por grupos os proxectos auto-xestionados e de aventura. Cara o final da mañá presentóuselles o Campamento deste ano.