Acampada de Iniciación II (grupo dos martes)

O pasado sábado 17 de febreiro, o grupo de iniciación II de catecumenado dos martes comezamos unha gran acampada que rematou a domingo á mañá. Saimos as 16,30 cara a Freixo, concello de Crecente, pasando por unhas paisaxes impresionantes.

Despois de ver un pouco o lugar, onde iamos a durmir, fixemos unha camiñata pola zona investigando lugares e zonas moi interesantes e bonitas, onde nos paramos a sacar máis dunha fotografía namentras iamos falando da marcha do grupo. Ao chegar de volta á casa, onde pasaríamos a noite, comezamos unha boa fogueira para poder cociñar a cea, chea de moi bo ambiente. Rematamos o día xogando a diversos xogos de mesa cheos de risas, tentando coñecernos máis e compartindo momentos inolvidables como grupo.
Nico prepararou as boas noites, cunha canción da película ‘La llamada’ coa que pechamos o día xunto cunha revisión da xornada e a oración.
Ao día seguinte regresamos a Vigo, con moito cansancio xa que non conseguimos pegar ollo… preparamos a eucaristía e rematamos participando na misa da 13h.
Unha moi boa acampada con boa compañía e diversión… agardando unha vindeira edición con todos os grupos de iniciación.

 

Eva Costas

Aquí podes atopar unha escolma de fotos.