Os grupos de Iniciación e Catecumenado volvían a reunirse de xeito formal o venres 12 de xaneiro 2018, xa no centro xuvenil, logo de verse informalmente no Nadal. O equipo de animadores e animadoras viña de darlle voltas á inminente Xuntanza autonómica de Catecumenado, da que serían os anfitrións.
E non podendo ser doutro xeito, os mozos e mozas repartíronse as tarefas para facer deste I Congreso “Es o que comes” un encontro inesquecible. Presentadores e presentadoras, anfitrións e anfitrioas, ponentes, camareiros e camareiras, foron algunhas das encomendas, pero a cousa non remataba aí. Xa en grupos pequenos, preparouse un videoclip alternativo á canción “Esencial” de Beret, para un momento sorpresa da Xuntanza.
Continuarán o vindeiro venres coa preparación deste momento tan especial para eles, volver a ver aos seus amigos e amigas logo dos campamentos de verán en Castrelo e Allariz.
Pincha aquí para ver a escolma de fotos.