O sábado pasado, 20 de xaneiro, o centro xuvenil Abertal foi o anfitrión do I Congreso “Es o que comes” ao que convidamos a todos os rapaces e rapazas de Catecumenado de toda Galicia. Primando a formación dos nosos animadores e animadoras de Alternativa Vaivén, membros dos grupos de Catecumenado, aproveitamos para encontrarnos tamén Saltimbanquis, Andaina e ADS nunha actividade compartida.
Tivemos unha gran acollida no patio e na sala de xogos. Saltimanquis e andainas tiveron varios xogos conxuntos no patio, mentres que ADS se reuniu ao redor dos seus particulares “bos días” na sala de xogos.
Despois da acollida fíxose a proposta de actividades para poder elixir, cada quen ao seu gusto, porque hoxe era o día escollido para elo. Repartimos as actividades en tres zonas diferentes; a sala laranxa encheuse de obradoiros con materiais reciclados e, convertiuse nun espazo no que desenvolver a súa creatividade do mesmo xeito que na actividade de pysslas. O escenario da Toupeira convertiuse nunha discoteca na que bailaron seguindo o ritmo do Just Dance.
A mañá pasouse voando e rapaces, rapazas, animadores e animadoras saíron cun soriso grande na faciana.