Magosto de Alternativa Vaivén.
Aínda non marchara o fume do III magosto Rock, e xa estamos de novo o sábado, 11 de novembro, pola mañá prendendo o lume para o magosto de Alternativa Vaivén
Preto dun cento de animadísimos saltimbanquis, Andainas e ADS brincamos e xogamos polo Parque Forestal do Vixiador, guiados por unha serie de probas agochadas nunha das súas sendas.
Tras unha intensa mañá de probas, e antes de almozar , tivemos un momento de paz e reflexión invitados polo noso entorno, e tendo presente o desastre que hai tan pouco tempo arrasou a nosa verde e frondosa natureza.
Rematamos cada un dos grupos poñendo nun maceteiro a un futuro castiñeiro como xesto.
Mirade as fotos para comprobalo!